SUPERLÚA AZUL CON ECLIPSE E LÚA DE SANGUE: CATRO FENÓMENOS NUN

Esta coincidencia ocorreu na noite do 30 ao 31 de xaneiro e non se daba desde hai 150 anos


Este 31 de xaneiro puidemos gozar da segunda superlúa deste 2018. Despois da primeira, que foi a madrugada do 1 ao 2 de xaneiro, a noite do martes 30 ao mércores 31 observamos este fenómeno astronómico. Pero a superlúa só é un dos catro fenómenos que se produciron á vez este 31 de xaneiro: tamén houbo unha eclipse lunar, unha lúa de sangue e unha lúa azul. 

Esta coincidencia non se dá desde hai 150 anos, polo que esta superlúa é bastante especial: a última vez que tivo lugar este fenómeno extraordinario foi en 1866, e a próxima vez que ocorra será o 31 de xaneiro de 2037.


SUPERLÚA
A órbita da Lúa é elíptica, e un lado (apoxeo) está un 50.000 km. máis afastado da Terra que o outro máis próximo (perixeo). Por tanto, ao longo dos 28 días de ciclo lunar, o satélite atópase ás veces máis preto de nós que outras. A superluna ocorre cando o momento de máximo achegamento é, ademais, o momento no que hai lúa chea. A primeira ollada podemos apreciala entre un 10% e un 15% máis grande do habitual.



LÚA AZUL 
Considérase que unha lúa chea é unha "lúa azul" cando se producen dúas lúas cheas nun mesmo mes. Como este mes de xaneiro xa tivemos unha lúa chea a principio de mes (outra superluna entre o 1 e o 2 de xaneiro) esta segunda lúa chea foi, ademais, unha "lúa azul".

ECLIPSE LUNAR 
Ademais este 31 de xaneiro prodúcese un terceiro fenómeno, menos común que a superlúa e a lúa azul: a Terra, o Sol e a Lúa alíñanse, dando lugar a unha eclipse lunar total. A Lúa chea coincide co momento en que a Lúa entra na sombra da Terra producíndose así unha eclipse. 

A eclipse, con todo, non será visible en todo o planeta. En América do Sur, África e Europa Occidental non se poderá ver, mentres que en América do Norte será visible antes do amencer do 31 de xaneiro. En Asia, Australia, Nova Zelandia e leste de Rusia poderá verse a eclipse lunar total.



LÚA DE SANGUE 
O último fenómeno astronómico que coincide este 31 de xaneiro é a lúa de sangue. Durante o transcurso da eclipse, a atmosfera da Terra filtrará a luz azul e verde dos raios solares, pero deixará en cambio pasar a vermella. Por iso a lúa tinguirase co reflexo do brillo avermellado que lle chegará procedente da nosa atmosfera. Por tanto, esta lúa de sangue só será visible nas partes do planeta onde se poida ver a eclipse.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING