A LONGA VIAXE DOS RAIOS CÓSMICOS

Segundo o Observatorio Pierre Auger, estas partículas proveñen de fóra da nosa galaxia.


Unha das preguntas que máis desvelou aos científicos e en especial aos astrofísicos durante os últimos cen anos é a orixe dos raios cósmicos, partículas altamente cargadas de moi variadas enerxías que veñen do espazo e que son afectadas polos campos xeomagnéticos.

Agora, a resposta a esa incógnita parece estar preto grazas aos resultados das investigacións levadas a cabo polo Observatorio Pierre Auger, laboratorio orientado ao estudo dos raios cósmicos ultra-enerxéticos máis grande do mundo e, recentemente, a explorar os efectos colaterais das radiacións cósmicas sobre o clima terrestre e espacial. Logo de buscar en millóns de millóns de datos rexistrados durante os últimos doce anos, puidéronse atopar 30.000 eventos de case a totalidade do ceo do hemisferio sur, cunha cantidade de enerxía cen veces maior que a das partículas estudadas no CERN, o instrumento que proporciona a colisión de partículas máis enerxética que se pode facer sobre a Terra.

Eses eventos mostraron que as propiedades físicas dependen da dirección en que son medidas, que só é consistente coa orixe extragaláctica. Isto confirma que o bombardeo de raios cósmicos que recibe a Terra provén non dalgún lugar da Vía Láctea, senón de fóra desta.

Os investigadores notaron que hai menos partículas ultra-enerxéticas que proveñen do centro da galaxia que os que nos chegan desde o seu bordo, e esa diferenza é significativa para ser considerada un resultado confiable, o cal foi corroborado independentemente por diferentes métodos e por varios equipos de traballo, dentro da Colaboración Observatorio Pierre Auger, á que pertence a Universidade Industrial de Santander. A importancia deste descubrimento está en que comezamos a ver os obxectos astrofísicos dende distintas perspectivas: eventos que producen radiación, expelen partículas e móvennos o espazo-tempo. Varios observatorios no mundo miran sen cesar eses restos dos acontecementos máis enerxéticos do noso universo. Supernovas, choques de galaxias, coalescencia de buracos negros ou de estrelas de neutróns, producen grandes cantidades de enerxía. Estamos por comezar esa era, e observatorios como o Pierre Auger forman parte deses ollos xigantes que miran cara ao ceo.


Observatorio Pierre Auger

Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING