O FOGUETE FALCON HEAVY

Cun manequí ao volante, un auto vermello diríxese a Marte mentres na radio soa unha canción de David Bowie. Trátase dun Tesla Roadster que leva a bordo un maniquí chamado "Starman" (home estelar) que, vestido cun traxe espacial, emprendeu o pasado 6 de febreiro unha viaxe polo espazo. A compañía do multimillonario Elon Musk púxoo en órbita ao lanzar con éxito o poderoso foguete Falcon Heavy da súa compañía aeroespacial privada SpaceX.




Logo de permanecer na órbita da Terra unhas horas, o vehículo -que pertencía ao propio Musk- comezou a súa viaxe de máis de 400 millóns de quilómetros cara a Marte.


"Viaxará ao seu destino a unha velocidade de 11 quilómetros por segundo", dixo Musk á prensa, ademais de informar que espera que o auto chegue ao planeta vermello en 11 meses. 

"Estimamos que o Tesla seguirá nesa órbita por centos de millóns de anos", engadiu o empresario, pois unha vez que o automóbil chegue á órbita de Marte permanecerá alí indefinidamente. O xigantesco foguete Falcon Heavy, da empresa privada SpaceX, partiu o 6 de febreiro ás 20:45 GMT desde o Centro Espacial John F. Kennedy da Nasa en Cabo Cañaveral, Florida. 

Esta nave espacial -a máis potente do mundo en servizo- foi construída principalmente a partir de tres foguetes Falcon 9, tamén de Space X, para impulsar a cápsula na que se atopaba o Tesla posto en órbita. O foguete, 70 metros de alto, pode transportar unha carga de ata 64 toneladas, o equivalente para poñer no espazo cinco autobuses de dous pisos. A súa capacidade é só superada pola aeronave Saturno V, que operou nas misións Apolo na década dos anos 60 e 70.


Comentarios

Entradas populares de este blog

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

FIGURAS OCULTAS

MITOS SOBRE A ASTRONOMÍA