O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING
Un traballo do físico británico falecido e Thomas Hertog, publicado agora, propón unha nova teoría cosmolóxica. A última teoría sobre a orixe do universo de Stephen Hawking, desenvolvida en colaboración co profesor Thomas Hertog, da universidade KU Leuven, foi publicada polo Journal of High- Energy Physics. A teoría, que foi aceptada para a súa publicación antes da morte do físico británico o pasado 14 de marzo, predice que o universo é finito e máis simple do que establecen os actuais estudos sobre o Big Bang, segundo unha nota difundida polo European Research Council (ERC), que apoia o traballo de Hertog. A investigación foi anunciada en xullo do pasado ano nunha conferencia celebrada en Cambridge con motivo dos 75 aniversarios de Hawking. As modernas teorías sitúan a creación do universo nunha breve explosión, durante unha mínima fracción de segundo despois do Big Bang, cando o cosmos expandiuse rapidamente. Crese que, unha vez producida a inflación, hai rexións que nunca deixa...
Estupendo traballo, Sara. Aínda podes darlle unha maior profundidade ás túas entradas con unha continua incorporación de imaxes, vídeos, enlaces,... Ánimo para a avaliación final!!
ResponderEliminar