FIGURAS OCULTAS

A película Figuras Ocultas (Theodore Melfi, 2016) dá visibilidade a un grupo de mulleres que xogaron un papel decisivo ao comezo da carreira espacial, cando Estados Unidos e a Unión Soviética loitaban por poñer un home en órbita. Eran as «calculadoras humanas» da NASA.
A película céntrase en tres desas mulleres excepcionais: Mary Jackson (Janelle Monáe), 
Katherine Johnson (Taraji P. Henson) e Dorothy Vaughan (Octavia Spencer) que a comezos dos anos 60 axudaron á NASA para poñer en órbita ao astronauta John Glenn desde o seu centro de traballo: o laboratorio aeronáutico de Langley, en Hampton (Virginia).




Mary Jackson      Katherine Johnson    Dorothy Vaughan

Parte dese grupo desas mulleres eran afroamericanas e as súas dificultades eran dobres. Loitaban polos seus dereitos civís nunha sociedade racista e, á vez, como o resto das mulleres, por abrirse paso nun mundo de homes.


Mary W. Jackson converteuse na primeira enxeñeira negra da NASA en 1958. Especializouse en analizar os datos do túnel de vento e os experimentos de voo na división de aerodinámica subsónico-transónica. O seu obxectivo era entender o fluxo de aire, incluídas as forzas de empuxe e resistencia. Publicou unha ducia de artigos científicos. Ao final da súa carreira tamén se dedicou a fomentar a contratación e promoción da muller na NASA desde a Oficina de Programas de Igualdade de Oportunidades e Discriminación Positiva. Ademaisoñ, Jackson foi moi cecida na súa comunidade por axudar aos nenos para crear un túnel de vento en miniatura.


                                                                       


Katherine Johnson (nada en 1918) foi un prodixio das matemáticas dende a súa infancia e tivo un papel decisivo nas misións ''Mercury'' e ''Apolo 11''. En 2015, Obama concedeulle a Medalla Presidencial da Liberdade. Johnson realizou con gran precisión o que aos enxeñeiros da NASA resistíaselles: os cálculos das traxectorias das naves espaciais. John Glenn, o primeiro astronauta americano en órbita, fiábase máis dela que das máquinas. Con todo, o nome desta e outras matemáticas permaneceu eclipsado.


 
                                                             

Dorothy Vaughan é asignada a 'West Area Computers', un grupo de traballo composto exclusivamente por matemáticas afroamericanas que acabaría dirixindo. En 1949 convértese na primeira muller negra que consegue promocionarse como xefa de persoal na NACA. No seu cargo de supervisora e directora das 'West Area Computers' sempre se preocupou pola situación das empregadas e defendeu os seus dereitos laborais.
Vaughan continuou no mesmo centro despois de que a NACA convertésese na NASA, especializándose en computación e FORTRAN, unha linguaxe de programación de alto nivel especialmente adaptado ao cálculo numérico e á computación científica.

                                                                     


"Estas tres mulleres e as súas compañeiras enfrontáronse a desafíos, forxaron alianzas e usaron o seu intelecto para cambiar as súas propias vidas e o futuro do seu país", di a autora de Figuras Ocultas no seu libro, pero, ademais, hai algo na súa historia que parece conectar con xente de todas as razas, etnias, xéneros, idades e orixes.

                                                                


Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS