DOCUMENTAIS SOBRE ASTRONOMÍA

Ademais das películas, tamén hai outras maneiras de coñecer o mundo da astronomía. Os documentais achegan moita información sobre moitos temas diferentes. Os documentais sobre astronomía máis destacados son os seguintes:

1. WONDERS OF THE SOLAR SYSTEM (Marabillas do Sistema Solar)

Marabillas do Sistema Solar usará as máis recentes imaxes tomadas desde o espazo e, coa axuda das últimas tecnoloxías en creación de imaxes 3D, levaranos a contemplar fenómenos nunca vistos ata agora. E todo isto farao desde o corazón dos últimos descubrimentos científicos, facéndonos entender como as forzas da natureza forxaron a beleza e a orde para partir do caos do espazo. Odisea preséntalles un documental que promete cambiar a forma como miramos o noso propio planeta: pasaremos de velo como un ente illado, a entendelo como unha peza intimamente ligada ao Sistema Solar. Marabillas do Sistema Solar cóntanos en cinco episodios cinco marabillas que caracterizan ao noso sistema solar: o Sol, a orde que nace do caos, as atmosferas dos planetas e lúas, a posibilidade da existencia de vida noutros planetas e a vida en ambientes extremos.

2. WONDERS OF THE UNIVERSE (Marabillas do Universo)

Marabillas do Universo consiste en 4 episodios tremendamente profundos, que buscan explicar a propia esencia e historia do universo. Neles compara o ciclo da vida humana coa do universo, reflexiona sobre os elementos dos que se compón o universo e a súa relación coas estrelas, sobre como a gravidade moldea e moldeou o noso universo e sobre o comportamento da luz. Un momento especialmente relevante e profundo é a reflexión sobre a segunda lei da termodinámica ou entropía, o fin do universo e todo o que coñecemos.
                                                                                               
3. COSMOS: A SPACETIME ODYSSEY (Cosmos)

Cosmos é a versión renovada da orixinal e brillante Cosmos de Carl Sagan, levada a cabo polo famoso Neil deGrasse Tyson, que é admirador do propio Sagan. Trece episodios que conectan o desenvolvemento histórico da ciencia cos descubrimentos e curiosidades do noso universo, o vínculo que nos une a el en formas moito máis sutís das que un pensaría. Despois de todo, estamos feitos da mesma materia que as estrelas. A serie segue libremente o mesmo formato de trece capítulos e enfoque narrativo da súa predecesora, renovando algúns dos seus elementos como "a nave da imaxinación" e presentando os novos descubrimentos desde 1980 xunto a un uso extensivo de gráficos xerados por computadora e relatos históricos mediante animación tradicional.
                                                                                                     

Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING