CURIOSIDADES DA ASTRONOMÍA

1. A COR DO CEO
As partículas e moléculas que se atopan en suspensión na atmosfera actúan de filtro das radiacións solares. Os raios ultravioletas son absorbidos nas capas altas da atmosfera, que só deixan pasar as radiacións que se atopan por encima da súa lonxitude de onda: azuis e algún violeta tenue, as cores cos que normalmente vemos o ceo. Os cambios meteorolóxicos inflúen sobre as radiacións solares e, por tanto, tamén na coloración celeste. Os ceos vermellos ao atardecer obedecen ao mesmo fenómeno.


2. ANDRÓMEDA
Para viaxar a Andrómeda, a galaxia máis próxima á nosa, necesitarías 2.400.000 anos, nunha nave que viaxase á velocidade da luz (algo menos de 300.000 Km/ sg). Ou sexa, que esta galaxia veciña está a 2.4 millóns de anos luz. Esta galaxia (tamén chamada M31) é posiblemente o obxecto celeste máis afastado visible a primeira ollada polo ollo humano.



3. VOLCÁN MARCIANO
Trátase do monte Olympus en Marte, a montaña mais alta do sistema solar. Un volcán con máis de 27 quilómetros de altura e preto de 600 quilómetros de ancho na súa base. Un accidente xeográfico tan inmemso en nosa planeta non podería sosterse, xa que se afundiría polo seu propio peso, debido á forza da gravidade terrestre.



4. POLOS TERRESTRES
A Terra é un imán, cos seus dous polos Norte e Sur. Por iso, a agulla magnética dun compás, que é outro imán, oriéntase sempre en igual dirección. O polo sur da agulla apunta ao Norte da Terra e viceversa. A forza magnética da Terra débese a que a Terra, ao virar, fai virar o seu núcleo formado por ferro fundido que conduce a electricidade e produce un gran campo magnético. Os polos magnéticos da Terra non son fixos e varían lentamente. Actualmente o polo norte está situado na rexión ártica canadense. Houbo ocasións nun pasado moi afastado nas que o polo norte magnético estivo situado na Antártida (polo sur actual). Estas modificacións son hoxe día un misterio e por tanto bastante impredicibles e o cambio completo dos polos parece requirir uns 5000 anos.



5. O MERCURIO MENSAXEIRO
O pequeno e rochoso planeta Mercurio ten o nome do veloz mensaxeiro dos deuses romanos, polo seu rápido paso a través do ceo, visto desde a Terra. Está tan preto do Sol que sofre as maiores diferenzas de temperatura entre o día e a noite de todos os planetas, que pode ser de 600º C de diferenza entre o día e a noite. Iso tamén é debido a que vira moi lentamente, tendo un día en Mercurio a duración de 176 días na Terra e un ano en Mercurio 88 días terrestres. É dicir, en Mercurio os anos pasan máis rapidamente que os días. Ao estar máis preto ao Sol que a Terra, Mercurio só pode ser visto desde a Terra nos crepúsculos (antes do amencer e xusto despois da posta do Sol). 

6AS PEGADAS NA LÚA
O día 21 de Xullo de 1969, ás 3 horas, 56 minutos e 20 segundos GNT, o astronauta norteamericano do Apolo 11 Neil A. Armstrong puxo os pés na lúa. Como a lúa non ten atmosfera, nin vento, nin choiva, as pegadas de Armstrong poderían permanecer intactas durante millóns de anos. Só a caída de meteoritos poden borralas. As súas primeiras palabras ao pisar a Lúa foron: "Este é un paso pequeno para o home, pero un gran salto para a humanidade". 


7. A LUZ DO SOL
O Sol non está onde o vemos. Efectivamente, a luz do Sol tarda uns 8,3 minutos en chegar desde o Sol ata a Terra, polo que sempre vemos o Sol onde estaba fai uns 8,3 minutos. Este desfasamento é moito máis pronunciado noutras estrelas, xa que a luz doutras estrelas tarda moito máis en chegar á Terra que a do Sol. Por exemplo, a luz da estrela próxima Centauri, a máis próxima á Terra (despois do Sol), tarda 4,3 anos, a estrela máis brillante, Sirio A, está a 8,6 anos luz e as estrelas da constelación de Orión están entre 70 e 2.300 anos luz.

8. A VIDA DO SOL O Sol empezou a queimar hidróxeno fai uns 4.600 millóns de anos e actualmente está na metade do seu ciclo de vida. Antes de morrer, o Sol converterase nunha xigante vermella e posteriormente nunha anana branca. Igual que o Sol, morrerán todas as estrelas e morrerán todas as que aínda non naceron. Finalmente, chegará un momento no que non existan estrelas.


9. LÚA VERMELLA
Ás veces vemos a Lúa de cor amarela, alaranxado e mesmo avermellado, sobre todo cando está preto do horizonte. Isto débese a que o vapor de auga e o po en suspensión da atmosfera favorecen que a luz máis avermellada chegue a nós, dispersando as outras lonxitudes de onda.


10. QUASARS
Considerados os astros máis luminosos do universo, os quasars nacen da colisión de dúas galaxias, como confirmaron as últimas imaxes enviadas polo telescopio espacial Hubble. Aliméntanse polo material galáctico circundante, e crecen da nova galaxia ata converterse nun obxecto celeste tan brillante que pode ser detectado a distancias superiores a 10.000 millóns de anos luz. Crese que a súa excepcional luminosidade débese á presenza dun buraco negro xigante no corazón da galaxia. A materia gasosa que o rodea, que vira moi rapidamente, alcanza elevadas temperaturas debido a fenómenos de fricción e turbulencias. De aí, a radiación tan intensa que emiten os quasars.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING