ARCOÍRIS DE LUME
Un fermoso e, para algúns, aterrador arcoíris de lume sorprendeu a quen vive en Pátapo, Chiclayo, en Perú en 2017. Moitas das persoas que foron testemuñas deste inusual fenómeno compartiron as imaxes nas redes sociais. Pero, por que se producen?
O arcoíris de lume ou arco circunhorizontal (isto é, horizontal á superficie terrestre) é un fenómeno óptico atmosférico en forma similar a un arcoíris, pero diferénciase en que é máis curto, de maior espesor e non é causado pola refracción de luz en pingas de auga, senón a través de cristais de xeo en nubes cirrus.

Ocorre só cando o sol está alto no ceo, polo menos 58° sobre o horizonte, e só pode ocorrer en presenza de nubes cirrus. Por isto non pode ser observado en latitudes superiores a 55°, excepto ocasionalmente desde montañas.
O fenómeno é bastante raro porque os cristais de xeo deben estar aliñados horizontalmente para refractar o alto Sol. O arco é formado a medida que os raios de luz entran nos cristais hexagonales planos orientados horizontalmente a través dunha cara de lado vertical, e saen pola cara inferior. É a inclinación de 90° a que produce as cores, e se a aliñación dos cristais é correcta, fai que a nube cirrus brille como un arcoíris.
Comentarios
Publicar un comentario