A NASA DETECTA A MAIOR LAPARADA SOLAR DA DÉCADA

Detéctanse dous potentes erupciones solares. A segunda é a máis intensa e rexístrase desde decembro de 2008, segundo informa a NASA nun comunicado.
Os chorros de radiación que se desprenden destas erupciones foron detectados polo satélite ''Solar Dynamics Observatory'' da axencia espacial estadounidense ás 09:10h GTM e 12:02h GTM, dúas horas máis que na España peninsular, respectivamente.


Segundo o 'Centro de Predición de Meteoroloxía Espacial', estas erupciones chamadas de "categoría X" perturbaron as comunicacións de radio de alta frecuencia durante unha hora no lado da Terra situado fronte ao Sol e tamén as comunicacións de baixa frecuencia utilizadas na navegación. Ademais, poden alterar o funcionamento dos satélites de comunicación e o GPS, así como as redes de distribución eléctrica ao alcanzar a atmosfera superior da Terra. As dúas erupciones producíronse nunha rexión activa do Sol onde xa ocorrera unha erupción de intensidade media o 4 de setembro.

Ademais, estes fenómenos tamén poden afectar as naves que viaxan polo espazo, xa que poderían presentar máis resistencia ao entrar na órbita da Terra, e ter problemas de orientación ou de aumento de carga.

As tormentas solares son o resultado dunha acumulación de enerxía magnética nalgúns lugares. Estes chorros de materia ionizada proxéctanse a gran velocidade na coroa do Sol e máis aló, ata centos de miles de quilómetros de altitude.


Comentarios

  1. Estupendo traballo, Sara! Moi ben documentado, centrado no tema e con entradas de moito interés. Procura introducir tamén algún hipervínculo e algún vídeo máis. Noraboa!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING