O FESTIVAL STARMUS

O Festival Internacional Starmus é un festival dedicado á astronomía e temas relacionados. Atrae a algunhas das figuras máis representativas do mundo nos campos da astronomía, a exploración espacial e a ciencia biolóxica.

O Festival Starmus foi iniciado por Garik Israelian. O festival inaugural celebrouse en 2011, e desde entón creceu ata converterse nun dos festivais astronómicos máis importantes do mundo. 
O festival descríbese como un evento no que "as mentes máis grandes na exploración do espazo, a astronomía, a cosmología e a ciencia planetaria, reúnense para unha semana de conversacións incribles, de intercambio de información, e de valoración dos coñecementos que temos do espazo e o universo". 

As tres primeiras edicións tiveron lugar en Tenerife e A Palma (Illas Canarias, España).  O festival abandonou en 2017 a illa de Tenerife para trasladarse á cidade de Trondheim (Noruega).
O director do festival, o astrofísico Garik Israelian, do Instituto de Astrofísica de Canarias, optou este ano por trasladalo a Noruega tras os problemas que tivo en 2016 en Canarias e ante a falta de apoio e compromiso por parte das institucións nun evento único no mundo. "A acollida en Trondheim foi fabulosa. Por primeira vez hai un equipo encargándose de toda a loxística e organizando todo tipo de actividades paralelas para que Starmus estea presente nas rúas, nas aulas e, en xeral, en toda a cidade. Tamén por primeira vez non hai problemas de financiamento, pois o 50% do orzamento é público e o outro 50% privado, conseguido a través da propia universidade", asegura Israelian.

Neil Armstrong e o astrofísico Stephen Hawking, que repetiu en varias ocasións, foron os invitados estelares.

Stephen Hawking no festival de Starmus en Trondheim, Noruega en 2017


O festival que combina ciencia, arte e música conmemorará o 50 aniversario da chegada á Lúa das misións Apolo da NASA. Polo menos seis membros destas misións estarán presentes nesta edición de Starmus, que terá lugar en Berna do 24 ao 29 de xuño do próximo ano 2019. O festival busca dar solución ás grandes preguntas de hoxe, para o que reúne a multitude de investigadores eminentes, químicos, biólogos e artistas, entre outros, para compartir os seus coñecementos e experiencias.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING