A ORIXE DO UNIVERSO
Os astrónomos están convencidos, na súa maioría, de que o universo xurdiu a partir dunha gran explosión, coñecida como o ''Big Bang'', a cal ocorreu hai 13.700 millóns de anos.
BIG BANG
Os primeiros indicios deste feito foron descubertos polo astrónomo estadounidense Edwin Hubble no ano 1920, cando expuso que o universo se estaba expandindo e os cúmulos de galaxias se afastaban unha doutra.
Esta teoría afirma que toda a materia do universo estaba concentrada nun único punto e explotou. Os choques que se produciron fixo que a materia se agrupase e se concentrase nalgúns lugares do espazo, formando así as primeiras estrelas e galaxias. Dende entón, o universo continúa en constante movemento e evolución.
TEORÍA DO ESTADO ESTACIONARIO
Outra teoría que explica a orixe do universo é a ''Teoría do Estado Estacionario''.
É unha teoría formulada por Hermann Bondi e Thomas Gold, ampliada máis tarde por Fred Hoyle, segundo a cal o universo sempre existiu e sempre existirá.
Esta teoría oponse á tese dun universo evolucionario. As persoas que apoian esta teoría consideran que o universo é unha entidade que non ten principio nin fin porque non comezou cunha gran explosión, nin se colapsará nun futuro afastado para volver a nacer.

Comentarios
Publicar un comentario