A ECLIPSE LUNAR, A CHOIVA DE ESTRELAS E OUTROS FENÓMENOS ASTRONÓMICOS DE 2018

Ao longo deste ano vanse a producir diferentes fenómenos como a eclipse total de lúa ou a choiva das Perseidas.

Este ano 2018 vai ser un dos máis completos en canto a fenómenos astronómicos, xa que vai estar marcado por cinco eclipses (dous lunares e tres solares), dous superlunas e varias choivas de estrelas.

OS ECLIPSES
En canto ás eclipses de Sol que se van a producir ao longo deste novo ano, o primeiro deles producirase o 15 de febreiro e chegará á súa totalidade ás 22.05 horas, por tanto, en España non poderá apreciarse na súa totalidade, algo que si será posible desde a Antártida e desde zonas específicas de América Latina como Chile e Arxentina.

Unha eclipse lunar vista desde o Teide en 2014. 

AS SUPERLUNAS DE 2018
As superlunas tamén serán protagonistas deste ano e produciranse en varias ocasións, a primeira delas foi na noite do 1 ao 2 de xaneiro, mentres que a próxima producirase o 31 deste mes e coincidirá cunha eclipse lunar.

AS CHUVIAS DE ESTRELAS
Do mesmo xeito que no pasado ano 2017, as choivas de estrelas serán as protagonistas deste novo ano coas famosas Perseidas, que será a máis espectacular do ano e serán visibles desde o 18 de xullo ata o 25 de agosto. As Leónidas, pola súa banda, serán as protagonistas do mes de novembro, mentres que o ano terminará coa choiva de estrelas das Xermínidas, que chegarán ao seu máximo o 14 de decembro, día no que se poderán observar mellor.

As Perseidas en 2016


Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING