O SISTEMA SOLAR

O Sistema Solar é un sistema planetario formado polo Sol e os corpos celestes que orbitan ao seu redor. Está situado na Vía Láctea e está composto por planetas ananos, asteroides, cometas, meteoritos e polo Sol e os oito planetas que, cos seus respectivos satélites, xiran arredor del. O Sistema Solar está situado a uns 33.000 millóns de anos luz do centro da Vía Láctea.
Existen moitas hipóteses sobre a orixe do Sistema Solar, as teorías máis actuais enlázanse coa formación do Sol, fai uns 4.700 millóns de anos. A partir dunha nube de gas e de pó que se fragmentou ou colapsou, conducindo á formación de nebulosa, e por medio da unión de partículas cada vez máis grandes, xurdiron os planetas actuais.

Os principais obxectos que se atopan no Sistema Solar son o Sol, os planetas, os planetas ananos, os satélites e os corpos menores.

O SOL
O Sol é a estrela única e central do Sistema Solar; polo tanto é a estrela máis próxima á Terra e o astro con maior brillo. A súa presenza ou ausencia no ceo terrestre determinan o día e a noite e a enerxía que irrradia é aproveitada polos seres fotosintéticos, que constitúen a base da cadea trófica, e polo tanto, é a principal fonte de enerxía da vida.



OS PLANETAS
Os planetas son corpos que xiran formando órbitas arredor da estrela, teñen suficiente masa para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido, de xeito que asuman unha forma esférica.Os planetas interiores son Mercurio, Venus, Terra e Marte, que teñen a súa superficie sólida. Os planetas exteriores son Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, tamén denominados planetas gasosos porque conteñen nas súas atmosferas gases como o helio, o hidróxeno e o metano, e non se coñece con seguridade a estrutura da súa superficie. En 2006, a Unión Astronómica Global (UAI) excluíu a Plutón como planeta do Sistema Solar e clasificouno como planeta anano.



OS PLANETAS ANANOS
Os planetas ananos son aqueles que, a diferenza dos planetas, non limparon a veciñanza da súa órbita. Os cinco planetas ananos do Sistema Solar, de menor a maior distancia respecto do Sol, son: Ceres, Plutón, Haumea, Makemake y Eris.


SATÉLITES
Algúns satélites son tan grandes que, se se atopasen orbitando directamente arredor do Sol, terían que clasificarse como planetas ou como planetas ananos. Os satélites do Sistema Solar que manteñen un  equilibrio hidrostático son: a Lúa (satélite da Terra), Ío, Europa, Ganímedes e Calisto (satélites de Xúpiter), Titán, Tetis, Dione, Rea, Iapeto, Mimas e Encélado (satélites de Saturno), Miranda, Ariel, Umbriel, Titania e Oberón (satétites de Urano), Tritón (satélite de Neptuno) e Caronte (satélite de Plutón).

CORPOS MENORES
Un corpo menor do Sistema Solar é, segundo a resolución da Unión Astronómica Internacional do 22 de agosto de 2006, un obxecto astronómico que orbita arredor do Sol e que non é planeta, nin planeta anano, nin satélite. Son corpos menores do Sistema Solar, independentemente da súa órbita e composición, os asteroides, os cometas e os meteoroides.



Comentarios

Entradas populares de este blog

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING