AS CONSTELACIÓNS


Unha constelación defínese como un conxunto de estrelas e a súa posición no ceo é xeralmente inmutable. Ao longo dos séculos as poboacións que observaban as constelacións decidiron darlles nome segundo a súa silueta formada por liñas non visibles que conectan os astros da agrupación.

En total, hai 88 agrupacións de estrelas que aparecen na esfera celeste e que toman o seu nome de figuras relixiosas ou mitolóxicas, animais ou obxectos. A bóveda celeste subdividiuse en 88 sectores definidos; a cada unha correspóndelle unha determinada rexión do ceo: hai constelacións visibles desde ambos os hemisferios da Terra e outras observables só desde un deles.
Este termo tamén se refire a áreas delimitadas da esfera celeste que comprenden os grupos de estrelas con nome.

Dentro das 88 constelacións están as 12 elípticas, popularmente coñecidas como “as do zodíaco”. Elas son:

  • Aries: é a primeira das constelacións do zodíaco; atópase entre as constelacións de Pisces, ao oeste, e Tauro, ao leste.
  • Tauro: é a segunda constelación do zodíaco. O seu nome en latín é Taurus. Encóntrase no ceo invernal, entre Aries ao oeste e Xémini ao leste. Ao norte atópanse Perseo e Auriga; ao sueste Orión, e ao suroeste Eridanus e Cetus.
  • Geminis: é a terceira constelación do zodíaco, e atópase a uns trinta graos ao noroeste de Orión.
  • Cáncer: é a cuarta constelación do zodíaco. A constelación de Cáncer é pequena e débil. Atópase entre as constelacións de Geminis ao leste, Lince ao norte e as constelacións de Canis Minor e Hidra ao sur. A constelación tamén dá o seu nome ao trópico de Cáncer.
  • Leo: é a quinta constelación do zodíaco. Encóntrase entre Cáncer e Virgo.
  • Virgo: é a sexta constelación do zodíaco. Atópase entre Leo, ao oeste, e Libra, ao leste e é unha das constelacións máis grandes e visibles no ceo.
  • Libra: é a sétima constelación do zodíaco no ceo. É bastante discreta, non ten estrelas importantes.
  • Escorpio: é a oitava constelación do zodíaco. Antigamente esta constelación representábase unida á que hoxe se coñece como Libra (que non existía, crese que foron os romanos quen primeiro a imaxinaron). As estrelas que hoxe se coñecen como alfa e beta Librae representaban as pinzas sur e norte do escorpión, o que lles deu o seu nome actual.
  • Sagitario: é a novena constelación do zodíaco. Xeralmente é representada como un centauro sostendo un arco. Sagitario atópase entre Escorpio, ao oeste, e Capricornio, ao leste.
  • Capricornio: É a décima constelación do zodíaco. Aínda que ás veces represéntase como unha cabra, xeralmente engádeselle unha cola de peixe.
  • Acuario: É a décimo-primeira constelación do zodíaco. O seu símbolo representa o fluxo da auga. De todo o zodíaco, Acuario é unha das constelacións recoñecida con maior antigüidade.
  • Piscis: É a décimo-segunda constelación do zodíaco. Sitúase entre Acuario, ao oeste, e Aries, cara ao leste.

As constelacións divídense tamén en cinco categorías:
  1. Constelacións circumpolares: pódense ver no hemisferio norte durante todo o ano, por exemplo: Osa Maior, Osa Menor, Jirafa ou Dragón.
  2. Constelacións de primavera: poderíase dicir que o firmamento se expande e podemos gozar de máis galaxias durante esta época do ano, por exemplo: Cráter, Hydra ou Leo.
  3. Constelacións de verán: a terra está a orbitar mirando cara ao interior da vía Láctea, poderemos observar: Cisne, Frecha ou Caballito, entre outros.
  4. Constelacións de outono: agora a terra non mira cara á vía Láctea, senón ao interior do escuro universo. Poderemos ver galaxias que están incriblemente lonxe, por exemplo: Andrómeda, Acuario ou Pegaso.
  5. Constelacións de inverno: a vía Láctea está no máis alto do ceo ao anoitecer e hai cheas de constelacións para observar, como: Cochero, Lebre ou Geminis.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

O UNIVERSO É FINITO, SEGUNDO A ÚLTIMA INVESTIGACIÓN DE STEPHEN HAWKING