LIBROS DE ASTRONOMÍA

Cosmos de Carl Sagan



Cosmos é un libro escrito por Carl Sagan en 1980, baseado na serie de documentais Cosmos: Unha viaxe persoal que el mesmo produciu xunto á súa última esposa Ann Druyan.

O libro contempla a existencia humana desde un punto de vista científico e materialista, e introdúcenos cara á conciencia do noso lugar e sentido no cosmos.




Un, dous, tres... infinito de George Gamow


O seu autor, George A. Gamow, foi un físico soviético (despois nacionalizado norteamericano) moi reputado, alumno de Bohr e Rutherford e autor, entre outros traballos, de varios sobre a estrutura do átomo. Este libro presenta propostas sobre a estrutura do Universo, desde o microcosmos ao macrocosmos, e estuda con gran amenidade o enigma do infinito desde varias perspectivas. Convida tamén a reflexionar sobre a idea do tempo e dos espazos de máis de tres dimensións.


Os tres primeiros minutos do universo de Steven Weinberg


Esta obra mestra de divulgación científica, conta como nun incerto momento, fai dez mil millóns de anos, produciuse unha xigantesca explosión en todo o espazo cuxa elevada temperatura só permitiría a existencia de partículas elementais que orixinaría unha gran cantidade de materia e radiación, cuxo arrefriado habería de posibilitar a constitución de núcleos complexos que darían como resultado a formación das galaxias e as estrelas. Steven Weinberg, profesor nas universidades de Columbia, Harvard e outras é un coñecido activista polo racionalismo e contra a relixión, defensor do materialismo científico e inimigo declarado do relativismo cultural e o constructivismo.


Historia do Tempo de Stephen Hawking


Historia do tempo é un libro de divulgación sobre o espazo e o tempo escrito por un dos físicos teóricos máis prestixiosos da actualidade. 
Stephen Hawking presenta de forma clara e concisa os conceptos fundamentais da mecánica newtoniana, a teoría da relatividade, a mecánica cuántica e a cosmoloxía contemporánea, todos eles, xunto ao seu interese intrínseco, permiten enmarcar o problema de fondo tratado no libro: a orixe do universo e a creación do espazo-tempo, chegando a asomarse a campos máis amplos e aventurados, como a metafísica e mesmo a teoloxía, ao exporse a natureza dun Deus creador, ou máis ben garante do sentido do universo.


Os sonámbulos de Arthur Koestler


Nesta obra escrita en 1959 o autor pretende poñer á luz as fochancas que separan os estudos humanísticos da “filosofía da natureza”. No libro trata que ao longo da historia a ciencia foi inxusta (para ben ou mal) con algúns pensadores ao xulgar o seu traballo fóra de contexto. A formulación empeza cos babilonios e termina en Newton; descarta a Einstein xa que na época na que o texto se escribe era prematuro determinar a influencia deste na sociedade. Existen dúas vertentes paralelas que guían a obra: a ciencia e a relixión; na antigüidade ían da man, pero acaban separándose na moderna “razón e fe”.



O universo elegante de Brian Greene


Brian Greene explícanos neste libro como as grandes teorías da relatividade e da mecánica cuántica, que transformaron a nosa interpretación da natureza durante o século XX, conducíronnos ao maior problema con que se enfronta a física hoxe en día: a procura dunha lei que unifique a todas as demais, unha lei que Einstein perseguiu en balde durante trinta anos e á que se lle dá o nome de «teoría de supercuerdas». A teoría de cordas viría unificar eses dous grandes alicerces da física actual, o cuántico e o gravitacional, ao supoñer que todo o que sucede no universo xorde das vibracións dunha única entidade: microscópicos lazos de enerxía que se atopan no auténtico núcleo da materia e que habitan en espazos de dimensións superiores ás catro do espazo-tempo einsteiniano. Con mestría, claridade e un profundo coñecemento, o profesor Greene ofrécenos no universo elegante a achega máis brillante que se escribiu ata agora para facer accesible ao gran público este último misterio da natureza que nos explicaría, finalmente, todo. 



Do berce ao espazo de William K. Hartmann

cuna.jpg

Este libro recollía todas as futuras posibilidades da exploración espacial, ben coñecidas polo seu autor William K. Hartmann, famoso astrónomo planetario. As súas formulacións prospectivistas seguen tendo a mesma forza, xa que se basean en formulacións científicas e as ilustracións de planetas, asteroides e colonias extraterrenas espertaron a imaxinación dos lectores.



Astronómica de varios autores


É unha obra importante que reúne todos os coñecementos actualizados sobre o espazo e a orixe do universo con 1200 espectaculares imaxes e unha encomiable escritura divulgativa. Editada orixinalmente en Australia en 2007 e dirixida por Fred Watson, Astronómica desmenuza tanto o sistema solar como a cosmoloxía, a exploración espacial, a historia, ademais de conter unha guía do firmamento para os afeccionados.






Astronomía Popular de Camille Flammarion


Un dos libros de divulgación máis populares de todos os tempos foi escrito polo astrónomo francés Camille Flammarion (1842-1925), publicado en 1878 co nome de Astronomía Popular. Aos poucos anos da súa publicación converteuse no libro de divulgación astrónomica máis lido en todo o mundo. Grazas a unha linguaxe sinxela e próxima, e unhas soñadoras ilustracións poñía a disposición dos público coñecementos entón circunscritos aos ambientes científicos.


O Universo de Isaac Asimov



el-universo.jpg
A faceta como divulgador científico de Isaac Asimov maniféstase con especial brillantez nesta obra, na que non só expón de forma accesible todo o conxunto de certidumbres científicas sobre o Universo, senón que ademais reconstrúe o longo camiño que percorreu o home para alcanzalas. As diversas teorías sobre a idade da terra e do sistema solar inscríbense no marco máis xeral da evolución das galaxias e remiten, por último, ao gran dilema aínda non resolto: como foi o principio do universo e se terá un fin, ou se, pola contra, é eterno e infinito.




Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

FIGURAS OCULTAS