HISTORIA DA ASTRONOMÍA

O ceo sempre chamou a atención dos seres humanos. A súa grandiosidade, os corpos celestes e os diversos eventos astronómicos que ocorren no firmamento motivaron a observar o ceo dende a antigüidade e a explicar o Universo. Ao principio, os seres humanos só dispoñían dos seus ollos e da súa percepción para determinar o movemento dos astros. Pronto o home descubriu que podía utilizar o ceo para mellorar a agricultura ou para orientarse. Comezaron a estudar os eventos astronómicos e así xurdiron os primeiros astrónomos.

ANTIGA CHINA
As primeiras observacións astronómicas son difíciles de precisar. Porén, a astronomía na antiga China considérase como a máis antiga, xa que se pode remontar ao ano 4000 a.C. Os logros máis importantes foron o descubrimento dos cometas e das supernovas e a creación dos calendarios. Tamén dividiron o ceo en 284 constelacións e consideraban que o Universo era como unha laranxa que colgaba da estrela polar. A medida que progresaban, crearon os meses para medir o tempo.


ASTRONOMÍA BABILÓNICA
Os babilonios especializáronse en estudar o Sol, a Lúa e, en concreto, os eclipses solares. Lograron deducir as fases lunares e as posicións planetarias mediante táboas cuneiformes. Además, alcanzaron o seu auxe no período entre o 600 e o 500 a.C. Tamén se lles atribúe a creación do concepto do zodíaco.




CAMBIOS DE PARADIGMA
O sistema xeocéntrico foi presentado polo astrónomo Claudio Ptolomeo (85 d.C. - 165 d.C.). Este sistema, tamén chamado sistema ptolemaico, situaba a Terra no centro do Universo cos planetas e o Sol xirando arredor dela. Este modelo era coherente pero non explicaba o movemento aparente dos planetas. Non foi ata o Renacemento (s. XV) que esta teoría foi substituída polo sistema heliocéntrico, teoría proposta por Nicolás Copérnico, que situaba o Sol, e non a Terra, no centro do Universo.


ASTRONOMÍA MODERNA
Galileo Galilei foi un astrónomo defensor da teoría heliocéntrica. Construíu o primeiro telescopio en 1609, o que lle permitiu estudar os cráteres da Lúa, as fases de Venus ou as manchas solares, entre outros. Todos estes descubrimentos conduciron ao nacemento da astronomía moderna.

O SÉCULO XX
Unha das revelacións máis importantes da astronomía tivo lugar en 1924, e foi grazas ao astrónomo Edwin Hubble, quen descubriu que o que antigamente se pensaba que eran ''nebulosas'', en realidade eran galaxias. Grazas a este descubrimento, Hubble determinou que ditas galaxias se estaban afastando, co que deduciu que o Universo se estaba expandindo. Creu así a súa teoría do Big Bang.

HOXE EN DÍA
A astronomía evolucionou moito ata chegar á actualidade. Agora somos capaces de estudar o espazo grazas aos grandes e complexos instrumentos dos que dispoñemos e formular hipóteses que buscan comprender as forzas fundamentais que rixen o Universo. Esta ciencia pasou por moitas dificultades, mais sempre a utilizamos para satisfacer a nosa curiosidade polo firmamento.



Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

FIGURAS OCULTAS