SUPERLÚA AZUL CON ECLIPSE E LÚA DE SANGUE: CATRO FENÓMENOS NUN
Esta coincidencia ocorreu na noite do 30 ao 31 de xaneiro e non se daba desde hai 150 anos Este 31 de xaneiro puidemos gozar da segunda superlúa deste 2018. Despois da primeira, que foi a madrugada do 1 ao 2 de xaneiro, a noite do martes 30 ao mércores 31 observamos este fenómeno astronómico. Pero a superlúa só é un dos catro fenómenos que se produciron á vez este 31 de xaneiro: tamén houbo unha eclipse lunar, unha lúa de sangue e unha lúa azul. Esta coincidencia non se dá desde hai 150 anos, polo que esta superlúa é bastante especial: a última vez que tivo lugar este fenómeno extraordinario foi en 1866, e a próxima vez que ocorra será o 31 de xaneiro de 2037. SUPERLÚA A órbita da Lúa é elíptica, e un lado (apoxeo) está un 50.000 km. máis afastado da Terra que o outro máis próximo (perixeo). Por tanto, ao longo dos 28 días de ciclo lunar, o satélite atópase ás veces máis preto de nós que outras. A superluna ocorre cando o momento de máximo achegamento é, ademais...