DIFERENZAS ENTRE ASTRONOMÍA E ASTROLOXÍA
Dende os seus oríxenes a astronomía e a astroloxía foron estudadas como unha sóa, pero foron xurdindo diferenzas entre as dúas ata o punto en que agora unha é considerada unha ciencia (astronomía) e a outra unha crenza (astroloxía). A astronomía e a astroloxía seguen sendo dous estudos moi próximos e a miúdo son confundidos, xa que ambos baséanse nas estrelas e nos planetas, pero teñen moitas diferenzas. ASTRONOMÍA A astronomía é considerada como unha ciencia natural que encárgase de estudar as propiedaes físicas e químicas dos corpos celestes e a forma en que van evolucionando. Tamén ocúpase de analizar todos os fenómenos que teñen lugar fóra da atmosfera terrestre. Ésta é unha das ciencias máis antigas que existen e remóntase aos tempos de Babilonia, aínda que tamén foi moi utilizada polas civilizacións chinas ou maias. Dende a invención do telescopio chámaselle ''astronomía moderna''. ASTROLOXÍA A astroloxía é un conxunto de crenzas que plantexan que existe u...