ECLIPSES LUNARES

Unha eclipse lunar consiste no paso dun satélite planetario, como a Lúa, pola sombra proxectada polo planeta, de forma que a iluminación directa do satélite por parte do Sol interrómpese.




As eclipses lunares teñen lugar unicamente preto da fase de lúa chea, e poden ser observados desde amplas zonas da superficie terrestre, particularmente de todo o hemisferio que non é iluminado polo Sol, sempre que a Lúa estea por encima do horizonte.
Normalmente a desaparición da Lúa non é total; o seu disco queda iluminado pola luz dispersada pola atmosfera terrestre e adquire un halo avermellado. A sombra total producida pola terra queda rodeada por unha rexión de sombra parcial chamada penumbra. Nas etapas iniciais e postremeiras da eclipse lunar, a Lúa entra en penumbra.

Dependendo de se a lúa entra ou non completamente en zona de umbra pódense distinguir as eclipses totais de Lúa, cando o satélite mergúllase completamente en umbra, as eclipses parciais de Lúa, cando penetra só en parte en umbra e só unha parte da superficie lunar é visiblemente escurecida, e as eclipses de penumbra, cando a Lúa pasa só a través do cono de penumbra, dificilmente perceptibles a primeira ollada e unicamente evidentes mediante adecuadas técnicas fotográficas.


                                              
                                              Eclipse de Lúa total

   
Eclipse de Lúa parcial
Eclipse de Lúa penumbral

A duración máxima das eclipses totais de Lúa é de 3 ou 5 horas. Defínese a magnitude dunha eclipse lunar como a lonxitude do camiño lunar a través da umbra dividido polo diámetro aparente da Lúa.

O estudo das eclipses de Lúa, ademais de permitir medidas astronómicas como a verificación dos momentos de contacto entre o disco do noso satélite natural e o cono de sombra, é útil para analizar de forma indirecta as condicións da atmosfera terrestre, xa que a densidade e coloración dos conos de umbra e penumbra están moi influídos pola presenza de ozono e po en suspensión nos diversos estratos da atmosfera.





Comentarios

Entradas populares de este blog

O SISTEMA SOLAR

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

FIGURAS OCULTAS