A ORIXE DA ASTRONOMÍA

A astronomía considérase a ciencia máis antiga. Esta xorde cando a humanidade deixou de ser nómada e comezou a ser sedentaria. As culturas da antigüidade (babilónica, china, exipcia, grega, inca, maia, etc.) posuían coñecementos astronómicos básicos, xa que se limitaban á observación a simple vista. Aínda así, era moi importante porque contemplando as estrelas podían coñecer a estación e, polo tanto, a época propicia para sembrar, recolectar e cazar. Realmente o ceo proporcionaba un calendario do que dependía a supervivencia do home.


A ASTRONOMÍA MAIA

En moitas cidades os edificios eran construídos co propósito de escenificar fenómenos celestes na Terra, como o castelo de Chichén Itzá, onde se observa o descenso de Kukulkán, serpe formada pola sombra que se crea nos vértices do edificio durante os solsticios. As catro escaleiras do edificio suman 365, os días do ano.

A ASTRONOMÍA CHINA  

O seu desexo era, mediante o estudo dos planetas, poder predecir os acontecementos futuros, aínda que a súa utilidade principal era organizar o seu calendario, o cal dependía do Sol e da Lúa. Para facer o estudo dos astros utilizaban aneis, reloxes de auga e fundamentalmente un elemento similar ó gnomon helénico.

A ASTRONOMÍA EXIPCIA

Os exipcios usaban un calendario luar, pero ao darse conta de que non era preciso para calcular as crecidas do Nilo e as estacións, comezaron a usar un calendario baseado no movemento do Sol e dos planetas. Foron o primeiro pobo en utilizar este tipo de calendario.
                      

Comentarios

Entradas populares de este blog

STEVE, A AURORA BOREAL PÚRPURA DESCUBERTA POR AFECCIONADOS

FIGURAS OCULTAS

MITOS SOBRE A ASTRONOMÍA